Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 mai 2013

UN ESPECTRO BARBUDO QUE COME MAGDALENAS

nadadoras

Musset describe a Proust con palabras terribles en ‘A noite de decembro’. No máis ardente de xuño, o seu amigo avanza cara a el nun concerto no que soa  Wagner: «Advertín o xeito no que un abrigo de pel que envolvía un espectro barbudo esvaraba a través das cadeiras e viña sentar onda min». Tiro o cita de ‘Marcel Proust. La memoria recobrada’ (Plataforma Editorial), de Patricia Mante-Proust. O escritor padeceu dende neno unha desas saúdes abaneadas continuamente, como lle aconteceu a Yukio Mishima. O autor xaponés optou polo maximalismo musculoso, mentres que Proust contentouse con quitarse fotografías cando conseguiu que o exército francés lle emprestase un uniforme. Aínda que, certamente, quedáballe para as medras. A súa marcialidade ficou aí, mesmo foi vehemente defensor de Dreyfus, tanto porque el era xudeo como fillo de xudea como porque era amigo dun familiar do oficial. Agora Proust regresa coma a memoria da madalena co gallo do centenario de ‘Polo camiño de Swan’. Na febleza física cómpre enmarcar a devoción de Proust pola música alemana. Decadentófilo como era, rexeita o decadencia elitista da música francesa do seu tempo. Cando contesta ao ‘Cuestionario Proust’ (Nórdica), ese xogo intelectual para gozar cos seus amigos que tanta ledicia lle causaba, responde á pregunta sobre os músicos favoritos con tres alemáns: Beethoven, Wagner e Schumann. Mesmo inclúe ao racista nibelungo, ao que agora, polo seu bicentenario, se exhuma para lavarlle a conciencia antisemita. Actúan coma se o talento debese ir revestido de bonhomía, coma se as cafeterías nunca servisen madalenas plastificadas.

Photo: Courtney Johnson

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité