
Cruzando a Porta Falsa da muralla de Lugo o pasado luns, topei cunha pintada anarquista: «Fagamos de Galiza unha Grecia». Pola contra, eu aspiro a converter Galicia nun país nórdico, non só polo clima fresco, senón porque as sociedades do norte de Europa viven nun discreto equilibrio entre capitalismo e benestar social. Mirando a frase, lembrei a confesión de Acisclo Manzano contemplándomos a fachada románica da catedral nun atardecer dourado: «Eu era comunista ata que descubrín a luz de Fidias». Despois, explicoume o xeito no que o...
[Lire la suite]