Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 mai 2013

A TERRA PRENDIDA

stonehege

A barca Juanín, que está varada nunha rotonda a entrada de Ribadeo, pode ser unha mostra de estética tardovazquista, que é, pero non se pode andar pintando coas expresións Galegos de merda nin Ría del Eo. A primeira frase vouna deixar estar porque soamente se explica por medio da segunda. Cando o PSOE gobernaba en Madrid, os alcaldes asturianos da beira dereita da Ría de Ribadeo lograron que se asaltase a toponimia histórica, lóxica e oficial, para introducir o nome snob e único de Ría del Eo. Aínda houbo que agardar un tempo a que o Goberno español restaurase o nome. Trátase dun problema nominal equiparable ao que amola agora aos valencianos co catalán. No Occidente de Asturias falan galego, aínda que pretendan xerar exnovo un idioma que chaman A Fala por temeren ver laminada a asturianía. Como se as fronteiras administrativas, marcadas polas viraxes da Historia, marcasen as lindes dos idiomas. Chamar catalán ao catalán é unha evidencia, pero os deputados do PP valenciano perciben a evidencia como nazismo. Aínda poido comprender a súa ignorancia, pero, xa adentrados no lameiro dos insultos, os conservadores deberían aludir a Stalin, non menos bárbaro que os seus homólogo austríaco. Semella preocupante esa obsesión por prender a terra entre eles, e os seus pais e avós políticos, aínda que hai excepcións. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité