Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 mai 2013

O GALEGO JAMAIS PODE SER UNA IMPOSICIÓN

Jens-Jul-

Se hai algo que aprecie nos discursos humanos é que me sorprendan. Levo dende as sete e media da mañá agardando por esa emoción. Marcharon dúas horas e aínda non dei feito. Na radio pública, sinto falar que a un señor con traxe sobre esa parvada de que "a lingua á patrimonio de todos"(ignorando que boa parte do país non lle quere ese patrimonio); tertulianos insuficientemente letrados explicando que o galego hai que defendelo "todas as semáns" (que vén de dicir unha señora), pero "jamais pode ser una imposición" (retruca un señor, que se avergoñaría de falar o español con esa tosquedade); acusacións aos nacionalistas de abafar o idioma de tanto amalo (cando poucos outros falantes están polo labor de usalo con dignidade en toda situación)... Diante de tanta frase linotipiada dende hai trinta anos, agradezo que a lingua sexa un código e máis nada, que non teña oídos para escoitar tanta paixón xeralizada que se esvaecerá ás 23.59 horas, que careza de pulmóns para que non poida morrer abafada,... Se tivese conciencia, o galego agradecería esta eutanasia que lle programaron para dentro dunha década. Si, conto que estarei aquí para asistir á súa disolución na Nada coloquial. Vaime dar pena porque vai para 20 anos que aprendín esta lingua e a escollín como actitude. Nunca deixarei de reprochar a este país que cometa semellante crime cultural. Será consecuencia do complexo desta sociedade para converter o coñecemento do seu idioma nunha obriga social agochando a súa escasa dignidade baixo a excusa do respecto. Digo eu, que se é tamén patrimonio dos que se negan a usalo, dos que o odian ata o nivel de protestar porque se lles impón 364 días ao seus fillos (felices estudantes das restantes materias), tamén eles deberán levar as culpas daquela. Porque a vítima será o galego e, canda ela, Galicia mesma.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Prezado, Alfredo. A miña teoría é que debemos abandoar o noso complexo como sociedade e converter o coñecemento do galego nun asunto nacional, garantindo o seu coñecemento e un mínimo nivel de uso por todos os cidadáns. Iso que os preguizosos e acomplexados chaman imposición, que vén sendo o mesmo existoso proceso que se seguiu para converter o español en lingua poderosa.
Répondre
A
Se o que afirmas é que se impón 1 día ao ano, supoño que o Día das Letras, nin iso é certo: con non acudir á cita de Compostela xa non hai "imposición".
Répondre
X
Eu crín entender a entrada, pero despois do comentario inicial xa non entendo nada... non vale de poema, pero pode valer de "síntoma"...
Répondre
G
Ao mellor te esqueces de moitos que falamos galego porque queremos facelo, porque é a nosa lingua, que a queremos e detestamos que se use como arma contra ninguén, que nos gustaría que deixaran de reivindicala como pantalla os que tratan de abrir fendas na natural convivencia dos galegos e que facemos por defendela da mellor maneira que sabemos: ensinándolla aos nosos fillos para que sexa a sua LINGUA NAI igual que foi a nosa. O galego é patrimonio de todos os galegos e ninguén está lexitimado para dar carnets de galeguidade.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité