Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 mai 2013

CRISTINA REGRESOU ÁS SOMBRAS

11

Vai para un mes que nos deixou Cristina. Anunciounos o seu suicidio urbano no Facebook: «Deixo Lugo para ir vivir a unha aldea sen cobertura». A súa marcha nada ten que ver coa última moda hipster: andar tras os pasos de Henry David Thoreau. O amante dos bosques confesa en Camiñando (Axóuxere, en galego) o resentimento cara «aos artesáns e tendeiros, que botan o día enteiro nos seus postos, moitas veces sentados coas pernas cruzas, como se as pernas foran feitas para sentármonos sobre elas e non para erguérmonos e andar». Aínda avanza no reproche para expresar o abraio diante «da insensibidade moral dos meus veciños, que se confinan en tendas e oficinas durante días enteiros». O problema de Cristina non foi «a necesidade de camiñar catro horas diarias entre bosques» que condicionaba a Thoreau, senón as dificultades económicas. A vida na aldea sen enganche cibernético será ben máis monótona, ben máis empobrecedora culturalmente, pero ben máis barata ca vida na cidade. Porén, Thoreau é tendencia, co Walden o la vida en los bosques y del deber de desobediencia civil, Cartas a un buscador de si mismo e os Diarios recén recuperados para celebración do ecoanarquismo en ascenso. Noutro extremo da discusión sobre xeitos de vida está a clonación humana, como se a posibilidade de curar doenzas mortais admitise a unha amplitude de opinións éticas. O debate debe ser económico, como propuxo Kazuo Ishiguro en Non me deixes nunca (Galaxia). Na novela, uns rapaces conviven nun peculiar colexio maior para clases altas. Todos son fillos dunha probeta e máis dun rico.

Photo: Ntlemen (Cowley, Oxford. 1973) @Tom Wood

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité