Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 mai 2013

DOMINIQUE SUICÍDASE EN NOTRE DAME

 

garry-winogrand-american-worlds-fair-new-york-city-1964

O amor ten tantas formas de expresión coma inimigos. O escritor e historiador francés Dominique Venner suicidouse no altar maior de Notre Dame porque lle horrorizaba que o amor entre homes e o amor entre mulleres tivese unha rotunda consecuencia legal. A despedida no seu blog é outra arenga a salvar a Francia e a Europa máis idealizadas e esgotadas que defende o seu partido, a Fronte Nacional. Mesmo se pon en ridículo citando a un blogueiro alxeriano que asegura que escribiu hoxe que, cando os islamistas gobernen no Estado galo, derogarán a lei. O musulmán dáse quince anos e iso provoca "un calafrío nas costas" a Venner, pero non pode evitar cadrar en obxectivos. Avanza no seu razoamento a través de Heidegger ("a esencia do home está na súa existencia e non noutro mundo") para contradicirse ao dispararse na boca porque aborrecía que outras persoas se queiran ata o extremo feliz de querer compartiren a súas existencias.

Photo: Garry Winogrand, World’s Fair (New York City, 1964). Eric Kim

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité