Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 mai 2013

TOTO, PENSO QUE XA NON ESTAMOS EN KANSAS

Apocalypse Now 6

A escea podería causar unha sorpresa como a que asalta a Judy Garland en O mago de Oz: "Toto, penso que xa non estamos en Kansas". As testemuñas que asistiron ao asasinato dun soldado en Londres deberon pensar que xa non estaban en Londres, senón en O corazón da escuridade de Conrad: "A prácida vía fluvial que levaba ata as lindeiras mesmas da terra fluía, escura, baixo un  ceo escuro que semellaba levar ao corazón dunha inmensa escuridade". O militar era culpable porque levaba o peito inchado cunha camiseta de apoio ás misións internacionais de Gran Bretaña. Os canibais atropelárono co coche para degolalo berrando. Tanto ten o nome que berraron. Alá é case tan azaroso na súa tolemia como a vítima. "Pensei que era unha aventura e era a vida", escribiu Joseph Conrad.

Photo: Marlon Brando on the set of Apocalypse now

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité