
A escea podería causar unha sorpresa como a que asalta a Judy Garland en O mago de Oz: "Toto, penso que xa non estamos en Kansas". As testemuñas que asistiron ao asasinato dun soldado en Londres deberon pensar que xa non estaban en Londres, senón en O corazón da escuridade de Conrad: "A prácida vía fluvial que levaba ata as lindeiras mesmas da terra fluía, escura, baixo un ceo escuro que semellaba levar ao corazón dunha inmensa escuridade". O militar era culpable porque levaba o peito inchado cunha camiseta de apoio ás misións...
[Lire la suite]