25 mai 2013
O CASINO ESTÁ INTERVIDO
TCM bota Gilda, unha fita en branco e negro de 1946. Todo regresa: Un casino ilegal de Buenos Aires que funciona á luz da noite sobornando a un responsable gubernativo, a loita polo monopolio do tungsteno para fabricar lámpadas, nazis camuflados, a Policía trata de que se cumpra a lei. Contra a fin da película, o axente gubernamental Obregon (Joseph Calleia) advirte a Johnny Farrell (Glenn Ford): "Sabe que o casino está intervido polo goberno, non?" No canto de aprender a lección económica que amosa a cinta, quedamos con que Gilda (Ray Hayworth) devolve a labazada a Johnny Farrell. Como cantaba Gilda: Bótalle a culpa a Mame
Publicité
Publicité
Commentaires