Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 mai 2013

O PAN NOSO DE CADA DÍA

Pari_3

O debate é tan vivo como irresoluble. Mediodía a mediodía asisto a un exame dos pans que compro por parte dos meus fillos. Eu consumía un pan de habitual, que nunca me soubo abondo amargo, excesivamente duro de codia nin necesitado de máis levadura. Con dor de padal, renunciei a mercalo en coherencia co meu discurso paterno de que os nenos precisan hidratos de carbono. Pasei a mercar barras que cocen con mesura en Rábade. Servíronme para dar persuadido ao fillo para que renunciase a esa regresión gatronómica que é o pan de molde. O rapaz aceptou, pero só a cambio do corrosco. A filla adoptou posicións maximalistas obrigándome a iniciar unha nova rolda de pans de mostra para escoller. Recuperei o discurso do meu pai de que «hai que comer o que estea na mesa», pero foi como predicar no medio da Terra Chá. Seica a culpa é miña por educarlles o gusto. Por iso desconfío deste bucle de reformas educativas. A enésima lei da década, a que impulsa Wert, ten aroma vintage pola insistencia na diferenza, no relixioso e na lingua central. Non me detiven a analizala ao temer que nunca saberemos o seu efecto. Esta lei vai durar tanto como tarde outro ministro en ocuparlle o despacho e cambiarlle as fotos da familia. A educación seguirá existindo a pese a que os políticos traten de aprexiala no seu molde ideolóxico. A transmisión do saber avanza máis polo rigor do profesorado ca pola norma.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité