jeudi 30 mai 2013

SETEMBRO E SOL AÍNDA

Un mes despois de cumprir os tres anos cheguei a Ribadeo. Setembro e sol aínda. Unha casa preciosa, grande, de dous andares, no medio e medio do Xardín, o eucaliptal onda a burguesía despreocupada acudía para celebrar merendas. Aínda me lembro agachado nun curruncho da cociña, sobre unhas baldosas dun branco sucio que estaban discriminadas por unha liña de baldosas negras en rectángulo. Uns bonequiños de plástico na man, outros no piso. Os meus vaqueiros e os meus indios nunca se levaron ben. Era indio: por perdedor. Daquela non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:47 - - Commentaires [0] - Permalien [#]