Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
31 mai 2013

TODO O MUNDO FALA DO TEMPO

 

rennie-ellis-union-jack-lorne-c-1968 (1)

Non vía chover coma choveu esta semana dende a estrea de Blade Runner. Harrinson Ford persigue modernos frankensteins, que na película chaman replicantes, baixo un pertinaz orballo. A Comisión Europea pon mala cara coas previsións económicas para España e a canle francesa Metéo avanza un paso máis alá co tempo e  se instala no Diluvio Universal. Os meteorélogos galos ameazan cun verán inexistente neste ano e que se apraza ao 2014, como a recuperación. Os franceses son exhibicionistas de natural e pretenden ser o centro de Europa aínda que sexa para ameazar cun pandemonio climático. A fin de que os tomemos en consideración, quitan en procesión mediática o inverno de doce meses de 1816, con milleiros de falecidos pola catástrofe alimentaria. Os ricos está inmunizados á fame e poden entreterse coas súas cousas. Daquela tamén. Nunha noite dese verán invernal, Mary Shelley escribiu Frankestein e Polidori, Drácula; mentres, Turner pintou o ceo do Purgatorio. Os alemáns solventaban antes o mal tempo petando na mesa, coma a economía agora. Julien Gracq fala en A lo largo del camino (Acantilado) do Hitlerwetter, que era o sol que debía brillar obrigatoriamente cadrando con festas nacionalsocialistas. Hitler pretendeu encher Europa de replicantes. Fracasou, pero tampouco solucionou o do tempo desagradable. Quédanos resignarnos con Mark Twain: «Todo o mundo fala do tempo, pero ninguén fai nada ao respecto».

Photo: Union Jack, Lorne. (Victoria, c.1964) Ronnie Ellis

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 574
Publicité