dimanche 2 juin 2013

AMADO RAMÓN PIÑEIRO

Temos unha tendencia equivocada a ler as memorias coma se fosen biografías. A min pasoume con ‘Amada liberdade’ (Xerais), o libro de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. A súa biografía é tan motivadora que foi decepcionándome consonte avanzaba o volume. As primeiras cen páxinas, onde traza os peculiares personaxes da súa árbore xenealóxica (co pai publicando esquelas dos mortos locais asasinados por Drake ou o tío eremita horrorizado cando lle anuncian que o sobriño vai vivir a Inglaterra) parecen unha revisión paródica de Valle-Inclán.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]