Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 juin 2013

DEIXO DE DAR PEDAIS

actress-taina-elg-in-a-sundress-by-rc3a9al-photo-by-georges-dambier-elle-april-27-1953

Xoán Elías Castiñeira faloume hoxe no Círculo das Artes sobre o humanismo amplo de Rosalyn Tureck. Situouma coma contraposta a Glenn Cloud, ao que el admirou cando novo pola súa frescura ao interpretar as Variacións Goldberg de Bach, pero ao que mira coma "un excéntrico mediático cunha imaxe pública calculada". Pensei en Dalí. Castiñeira informoume sobre o rodeo que dera Tureck, usando instrumentos electrónicos e étnicos, para chegar á esencia da música de Bach como independente do instrumento e da sonoridade, como unha creación "que está fóra do tempo". Penso en Leo Strauss -sigue aberto na casa El libro de Maimónides (Pre-Textos)- cando defendía que o pensamento se desenvolvese independentemente das correntes e escolas históricas, aillado das perturbacións pasaxeiras dos aconteceres. Neste momento da miña vida, arrastrado suavemente cara aos 50, reparo en que vou deixando de dar pedais para manter o equilibrio na bicicleta da modernidade, que empezo a valorar os libros vellos e os intelectuais finados pola súa capacidade para perdurar no tempo. Estou cesando de manterme moderno aos poucos, como cando a un peixe lle vas erguendo as escamas interrompíndote para beberes un albariño. Castiñeira nunca cansa de louvar a Tureck. Eu non sabía que a musicóloga era "amiga de eminencias en botánica, astronomía, farmacia,... porque, para ela, "tocar música era máis ca tocar notas, era un xeito de vida". O pianista laiábase de que todo iso morreu "nos tempos de You Tube"; porén, eu estou certo de que Internet agasallounos coa posibilidade dun novo humanismo de múltiple coñecemento, porque xa non temos por que agoniar ao noso cerebro ateigándoo de datos. Abonda con escribir as  letras g, o, o, g, l, e, para recuperar o clasicismo humanista.

Photo: Actress Taina Elg in a sundress by Réal (Elle, april 27 1953) Georges Dambier.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité