samedi 8 juin 2013

RISAS SOBRE AS MAZAIRAS

Todo o  que lle interesaba á miña avoa materna eran as treboadas no pazo de Buckingham e a novela negra; británica, a poder ser. De feito, casou cun home delgado, elegante e de ollos claros; cuspidiño en James Stewart. Acertou coas tres cuñadas, que semellaban tres versións clonadas de Agatha Christie. Eu descubrín á autora inglesa na casa da miña avoa. Botaba o Nadal en Bilbao pegado á súa biblioteca persoal: Conan Doyle, Patricia Highsmith, Dassiel Hammet,... Nos veráns, ela pasaba uns meses onda nós en Ribadeo. Daquela... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]