dimanche 9 juin 2013

O PULSO DE MONTESQUIEU

Ás veces sinto envexa do meu país de nacemento. Malia que xa son máis de este ca daquel, non deixo de mirar exemplos como Gure Esku Dago (Está na Nosa Man), unha proposta ampla  e ben pensada que se artella sobre o dereito dos vascos a decidir e sobre o dereito de todos os vascos -sexan unicamente vascos, e/ou españois, franceses, navarros- a participar nesa escolla. A idea, interesante, está fundada na proposta de LAB de disociar  os conceptos de cidadanía vasca e pertenza a un hipotético Estado vasco. Unha outra idea... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]