2001_a_space_odyssey

Ás veces sinto envexa do meu país de nacemento. Malia que xa son máis de este ca daquel, non deixo de mirar exemplos como Gure Esku Dago (Está na Nosa Man), unha proposta ampla  e ben pensada que se artella sobre o dereito dos vascos a decidir e sobre o dereito de todos os vascos -sexan unicamente vascos, e/ou españois, franceses, navarros- a participar nesa escolla. A idea, interesante, está fundada na proposta de LAB de disociar  os conceptos de cidadanía vasca e pertenza a un hipotético Estado vasco. Unha outra idea atractiva é estruturar a iniciativa dende abaixo para presentala arriba, en Madrid, unha vez desenvolvida, dado que o Rajoy e Rubalcaba rexeitan o propio fundamento. O presidente español segue sen querer buscarlle o pulso ao cadáver de Montesquieu, como suxire a anovación do Constitucional. Coma non compría agardar doutro xeito, os vascos contan cos escoceses e os cataláns, e, en menor medida, cos flamencos. Nin citan a Galicia. E, entre mentres, no noso país, o debate nacionalista é se nos convertemos nun apéndice dunha gran formación estatal que interceda por nós en Bruxelas ou se intentamos ter presenza propia -aínda simbólica- para falarmos de nós.

Photo: 2001. A space odyssey