Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 juin 2013

REDUCIÓN DO CAMPO DE BATALLA

 

 

arthur-leipzig-chalk-games-1950-web

Antón (+7) e mais eu estabamos no sofá mirando Inazuma Eleven despois de xantarmos albóndigas en prebe con arroz. Eu, xa deixando caer a cabeza en dirección á soneca, cando sentín ao capitán dun deses equipos de acción mítica negándose a xogar contra uns rivais ben superiores en forza e perversión: "Nós xogamos ao fútbol para mellorar o corpo e a mente, non para competir con ninguén". Ignoro o que aconteceu despois, pero antes de perderme para un cuarto de hora completo acordei do mociño antifascista asasinado en Francia. Malia que me custa comprender que a ideoloxía dun poida definirse por contradición (antifascista, non nacionalista, antimadridista,...), non concibo que a contraposición política sexa argumento para causar a morte allea. Neste caso, era a oposición era cruamente simbólica, dado que estaba baseada na idenfiticación da simboloxía que levaban os contrincantes. Esteban M. descoñecía o campo ideolóxico de Clément Méric. A ideoloxía non era para el un medio para mellorar o corpo e a mente. Sinxelamente, actuou.Ou iso pensaba. Hannah Arendt distingue entre pensar, que é un acto íntimo, e actuar, algo que se fai de xeito colectivo e comeza coa expresión pública das ideas. Ese intercambio de información achega uns metros a cada quen ao campo do contrario. Paul Valéry explicábao ao seu xeito, desmentindo a Descartes: "Ás veces penso; ás veces, existo".

Photo: Chalk games (1950). Arthur Leipzig

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité