mardi 11 juin 2013

REDUCIÓN DO CAMPO DE BATALLA

    Antón (+7) e mais eu estabamos no sofá mirando Inazuma Eleven despois de xantarmos albóndigas en prebe con arroz. Eu, xa deixando caer a cabeza en dirección á soneca, cando sentín ao capitán dun deses equipos de acción mítica negándose a xogar contra uns rivais ben superiores en forza e perversión: "Nós xogamos ao fútbol para mellorar o corpo e a mente, non para competir con ninguén". Ignoro o que aconteceu despois, pero antes de perderme para un cuarto de hora completo acordei do mociño antifascista asasinado en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]