Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 juin 2013

QUE TAL É O CEGO ESE QUE CANTA?

giulini-with-la-violin-section

Por tras da polémica entre Fasero e Reixa hai un cruce de asepsias que me estrana. O expresidente de Agadic atribúe a concesión dunha subvención de 142.000 euros a Filmanova a un automatismo e a SGAE contestou hoxe que a decisión de despedir a Fasero como delegado noroeste foi adoptada "por un grupo de conselleiros", exculpando a Reixa. Cómpre, logo, preguntarse polos modelos xestores das nosas industrias culturais e dos dereitos dos artistas e execuntantes españois: sitúanse entre a máquina e o mando medio, sen que os máximos responsables participen na resolución. Acórdame ao que contan de Pérez Varela. Sendo conselleiro, recibe unha chamada no móbil. Aténdea. Tapa o auricular e pregunta: "Que tal é o cego ese que canta?" a unhas mulleres coas que se atopara na rúa. "Que cego, Jesús?" O máximo responsable do Xacobeo consulta polo teléfono. "Andrea Bocelli, que tal é?". "É bo, Jesús", din elas. Pérez Varela volve ao diálogo polo móbil: "Contratádeo".

Photo: Carlo María Giulini is rehearsing the string section of the Los Angeles Philharmonic

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité