Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 juin 2013

CARRASCAL EXENTO DA SÚA CIRCUNSTANCIA

 

classic_car_design

José María Carrascal estivo onte en Lugo despoxado da súa circunstancia. Eu xa albiscara ese Carrascal hai catro anos, pero a entrevista era telefónica: a súa voz seguía chegándome rota e as súas citas en inglés alteradas vogalicamente. A cita de hoxe foi en persoa. Ao primeiro, presentóuseme coa máscara: "Veño sen gravata para a foto", laiouse, coma se se esixise unha presenza homologada polo seu tempo en Antena 3. Eu procuraba esoutro Carrascal que intuira tras o arame telefónico. O comezo foi inmellorable, citándome Personas, obras, cosas (Renacimiento, 1916), de Ortega y Gasset, como libro compañeiro de vida. Acordei de que o filósofo entendía a nosa circunstancia como algo intrínseco a nós, pero Carrascal viña limpo de atrezzo e parecía reivindicar autenticidade. El quería escribir algo sobre os dez anos no Lugo dos 40, cando se botou á vida. "Comecei unha novela, pero non consigo distanciarme". A maiores, sospeitaba con Ortega, que o íntimo carece de interese xeral. "E por que non unhas memorias, señor Carrascal?" "Porque as memorias, se son sinceras, son crueis".

Photo: Modern car design.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité