
O Centro Dramático Galego concibe a montaxe de Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño coma un western. Tira da paixón do dramaturgo compostelán polos grandes: Ford, Arthur Penn, Houston, Zinnemann,... para enmarcar a obra coma un exemplo desa ética tráxica de conquistar unha terra allea. O último western que viviu o planeta aconteceu en Oriente Medio. Como adoita, houbo quen sobreviviu para contalo. O escritor Yoram Kaniuk tiña 17 anos en 1948 e foi soldado na guerra de independencia de Israel. Ese ano estivo a morrer dos balazos...
[Lire la suite]