Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 juin 2013

O WESTERN DE RAMALA

TroubledLandSarahPabst03 (1)

O Centro Dramático Galego concibe a montaxe de Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño coma un western. Tira da paixón do dramaturgo compostelán polos grandes: Ford, Arthur Penn, Houston, Zinnemann,... para enmarcar a obra coma un exemplo desa ética tráxica de conquistar unha terra allea. O último western que viviu o planeta aconteceu en Oriente Medio. Como adoita, houbo quen sobreviviu para contalo. O escritor Yoram Kaniuk tiña 17 anos en 1948 e foi soldado na guerra de independencia de Israel. Ese ano estivo a morrer dos balazos que lle dedicou un sarxento británico da lexión xordana, aínda que finou 65 anos máis tarde. Foi a semana pasada, dun cancro. A súa experiencia en 1948, converteuse no libro de relatos 1948 (Libros del Asteroide). Kaniuk retrátase coma un posadolescente atrapado nun videoxogo bélico, sen ese trasfondo retranqueiro co que Stendahl move a Fabrizio pola batalla de Waterloo en A cartuxa de Parma (Galaxia). En 1948 non falta a confesión da crueldade propia sobre a conquista de Ramala por parte de Ben Gurion. O escritor participou dun grupo de soldados encargado de acomodar dez camións de sobrevivintes da ONU, "xente que non vira unha cama dende que eran novos". As casas que lles adxudicaron pertencían a palestinos aos que botaron a empurróns. Yoran Kaniuk asegura que chorou por eles ata que un exprisioneiro alemán confesoulle: "Nós non podemos permitirnos comportármonos moralmente". Manuel Guede razoa esa crueldade da fronteira citando un western de Budd Boetticher: "Fai falta un motivo serio para estar nestas terras".

Photo: Troubled land. Sarah Pabst

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité