Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 juin 2013

A NOVELA DE BORGES

Barrio Porteno, 03

A novela na que estou traballando sumaba ao pé de 250 páxinas no primeiro borrador. Agora non dá para 100. Aínda hei recurtar as reflexións que lle sobran, todas as que non achegan explicacións aos personaxes nin ás tramas. Marc Weingarten recolle en La banda que escribía torcido (Libros del K.O.) as impresións de Joan Didion sobre a súa primeira editora. Allene Talwey, directora do Vogue, peneiraba nos seus orixinais: "Enfadábase moitísimo coas palabras que non funcionaban, cos verbos que sobraban". Disque Xosé Carlos Caneiro sentenzou unha volta no Tortoni bonaerense que unha novela, para ser boa, debía ultrapasar as 400 páxinas. Supoño que loguiño referiu a súa paixón por Borges. Cando leo unha novela longa, e boa, sinto a tentación de arrincar páxinas e devolvela á editorial co ánimo de que lla remita ao autor para que, eu agradecería, considere a miña opinión. Cando leo a Borges, recoñezo a súa xenialidade contista, pero lamento a súa discapacidade para escribir unha novela, por deficiente que resultase.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité