
Os que escribimos novelas sabemos que o número de exemplares vendidos é proporcional á cantidade de persoas reais que figuren no texto. Canto máis datos identificativos achegues, maior será o éxito. Afonso Eiré, un chantadino sobrado de intuición para concitar o interese, vén de aplicar ese principio na súa obra Infiltrados. No libro, defende a espectacular teoría de que a evolución do nacionalismo galego estivo condicionada polos servizos secretos españois. Poida que haxa algún personaxe aludido e asemade irritado, pero...
[Lire la suite]