lang-1

Cada preferentista desenvolve un xeito de verbalizar a súa desgraza financieira. De contala tantas veces, fanche un resumo asombrosamente estruturado e rozado de matices. O curioso é que lles bloquearon os cartos nun cubil financieiro por ignorar as complexidades económicas e agora son bos coñecedores desas mesmas complexidades. J.M. Coetzee explica en Infancia (Rinoceronte) as diferenzas entre as varas cos que lles atizaban os profesores con riquezas de matices.