
Ingrid Bergman colle un tren e falece antes de que remate a película. O escritor J. M. Coetzee ficou tan impresionado que constata ese pavor en Infancia (Rinoceronte): «Morre por non ler o cartel de advertencia». Na Suráfrica dos anos 50, cando se desenvolve a infancia de Coetzee, había carteis nos baños públicos que indicaban, sen deixar espazo á confusión, as billas das que poden beber os negros e as acoutadas para os brancos. O apartheid e a teimosía bendita de Mandela resultábame coñecidos dende os telediarios de Rosa...
[Lire la suite]