Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
24 juin 2013

DON JULIO E DON JOSÉ LUIS

henri-cartier-bresson-bankers-trust-new-york-1960-b

A ignorancia manifestada por Julio Gayoso e José Luis Méndez a respecto do negocio que xestionaban paréceme asumible. Eles aparentan un descoñecemento da mecánica das preferentes equiparable á dos clientes que as asinaron para evitarse o perxuicio da sinceridade, nefasta cando se está sendo xuzgado; nós aparentamos comprensión co seu xeito de evitaren mancárense penalmente. Pero hai un fulgor procedente da súa vella soberbia, como a luz das primeiras estrelas que buscan astrónomos, tras a pechadura a confesar. Esa arrogancia foi medrando neles cando se sentían cun don económico exclusivo. De feito, eran tratados de don polos seus dependentes, que alongaban ese o central ata a submisión. Había truco, claro; a contabilidade é unha arte de disfraces. O maior disfraz consistía en tomaren decisións, non xa sobre cartos alleos, coma calquera financieiro, senón en tomalas co resgardo tranquilizador da presenza do público. Nesa tranquilidade atopo o máis reprochable do seu hieratismo.

Photo: Bankers trust. New York, 1960) Henri Cartier-Bresson

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité