america dance

Belén López asina unha entrevista ben nutrida de interese con Carlos Oroza no Diario de Pontevedra. O poeta de Viveiro vive en Vigo namorado de Pontevedra. Os azares determinan que residamos nun lugar ou noutro, pero Oroza singulariza o seu azar acentuándolle o carácter aleatorio: "En Vigo acabé por aquello de recitar en el teatro Principal el poema ¡Prohibido el paso! delante de todas las autoridades de la época a mediados de los 70. Tuve que acabar saliendo por una puerta falsa. Me ayudó a escapar a Vigo una mujer en su coche". A seguir, establece unha diferenza entre o nivel de vida de Vigo, "que te dan los barcos y camiones", e a calidade de vida de Pontevedra. Conta Belén que, décadas atrás, Carlos Oroza collía un autobús en Vigo para poder pasear a Praza da Leña. "A Pontevedra le queda muy bien el sol".

Photo: Shock hop (1950)