Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
28 juin 2013

UN TARRO DE XELADO E UN GATO SUAVE

 

kibera09

A miña filla vén de explicarme que «cando te deixa un mozo fas dúas cousas: comes un tarro grande de xelado e adoptas un gato». Diante da presumible experiencia nula de Sara en noivados (ten 11 anos), pregúntolle pola orixe da tese. Explícame que procede de actitudes observadas en dúas series televisivas. Díme que o xelado ten azucre que adoza a morriña e que o gato suaviza a soedade. Unha parte da educación da cativa atópase fóra da xestión paterna. Porén, non deixo de cuestionar o xeito no que intento converterla en persoa. Solicito á editorial un ensaio de Bertrand Rusell sobre o asunto. Na amable mensaxe de confirmación, o servizo de prensa da editora inclúe unha suxestión inesperada: remitirme o éxito dunha das leoas con alcume que escriben neopornografía lixeira. Homenaxeo a Corín Tellado como antecedente. A asturiana, sendo audaz, nunca remarcou á súa insinuación erótica. Nin a confesionalidade franquista no poder daquela nin as vendas de libros llo premitían. A proposta da editora provocoume un tremor na base do cerebro que me bloqueou para contestar. Bertrand Rusell ofrece consellos para os máis pequenos. Como exemplo, apunta que logrou que os fillos superasen os medos ás sombras nocturnas proxéctandolle sombras nas paredes do dormitorio. O gabinete de comunicación editorial debeu de relacionar esas sombras coas de Grey. O instinto é alleo á educación.

Photo: Kibera09 Christian Als

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité