vendredi 28 juin 2013

UN TARRO DE XELADO E UN GATO SUAVE

  A miña filla vén de explicarme que «cando te deixa un mozo fas dúas cousas: comes un tarro grande de xelado e adoptas un gato». Diante da presumible experiencia nula de Sara en noivados (ten 11 anos), pregúntolle pola orixe da tese. Explícame que procede de actitudes observadas en dúas series televisivas. Díme que o xelado ten azucre que adoza a morriña e que o gato suaviza a soedade. Unha parte da educación da cativa atópase fóra da xestión paterna. Porén, non deixo de cuestionar o xeito no que intento converterla en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]