dimanche 30 juin 2013

A LETRA INEXTRICABLE

    Don Julio viña ás veces por Lugo para detallarnos a programación cultural que promovía a entidade que dirixía. Don José Luis nunca fixo tal. Mandaba recado. Os subordinados de ambos os dous pronunciaban o don como se lanzasen unha pedra a pozo insondable, como se resaltasen que estaban dotados dunha habelencia que lles era exclusiva. Cando lles preguntaron na comisión parlamentaria por unha das liñas de negocio armaron unha expresión de estupor. Levaron a expresión ao límite, como cando os aforradores prexudicados... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 29 juin 2013

A MESA DO EXILIO

  Xosé Lois García e máis eu sentamos nunha mesa do Cantón o pasado venres. Alguén debeu de tomar o nome por chinés e renomouna Praza de España, unha demoninación franquista reparada coa castelanísima de Praza Maior. Ben, estaba sentado nunha terraza do Cantón co poeta para falarmos de Remitencias, o libro de versos e imaxes que vén de adicar ao exilio das beiras do Miño que asolagou o encoro de Belesar. Empecei a sentir leves empurróns e carraspeos dunhas señoras ben nutridas, ben idosas e ben maquilladas, ornamentadas en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 28 juin 2013

UN TARRO DE XELADO E UN GATO SUAVE

  A miña filla vén de explicarme que «cando te deixa un mozo fas dúas cousas: comes un tarro grande de xelado e adoptas un gato». Diante da presumible experiencia nula de Sara en noivados (ten 11 anos), pregúntolle pola orixe da tese. Explícame que procede de actitudes observadas en dúas series televisivas. Díme que o xelado ten azucre que adoza a morriña e que o gato suaviza a soedade. Unha parte da educación da cativa atópase fóra da xestión paterna. Porén, non deixo de cuestionar o xeito no que intento converterla en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 27 juin 2013

ARTE DE ETIQUETA

Expoñen unha instalación. Tanto ten de quen e onde. Un centro de cultura de grande importancia na cidade permite a un señor ocupar un espazo preeminente cunhas cousas que el relaciona mediante un discurso. Sen discurso non hai instalación. Marcel Proust explicou para sempre: "Unha obra de arte baseada en teorías é coma un obxecto valioso sobre o que se deixa o prezo". As instalacións que me abraian son as eléctricas. Teñen unha disposición que responde en tal medida ao pragmatismo que excusa de teorías que as sobrevoen. Marcel... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 26 juin 2013

CATORCE: 1 E 4

Algo insondable debeu de acontecer na formación de toda unha xeración de notarios e técnicos de Facenda españois para que se enganen na escrita dun 14. 1 e 4, nostalxia dos Cadernos Rubio. Cristóbal Montoro exhortanos a non desconfiar, amosándonos en toda a súa espidez o motivo máis importante para facelo.
Posté par Jaureguizar à 08:03 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 25 juin 2013

A PONTEVEDRA LE QUEDA MUY BIEN EL SOL

Belén López asina unha entrevista ben nutrida de interese con Carlos Oroza no Diario de Pontevedra. O poeta de Viveiro vive en Vigo namorado de Pontevedra. Os azares determinan que residamos nun lugar ou noutro, pero Oroza singulariza o seu azar acentuándolle o carácter aleatorio: "En Vigo acabé por aquello de recitar en el teatro Principal el poema ¡Prohibido el paso! delante de todas las autoridades de la época a mediados de los 70. Tuve que acabar saliendo por una puerta falsa. Me ayudó a escapar a Vigo una mujer en su coche". A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:13 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 24 juin 2013

DON JULIO E DON JOSÉ LUIS

A ignorancia manifestada por Julio Gayoso e José Luis Méndez a respecto do negocio que xestionaban paréceme asumible. Eles aparentan un descoñecemento da mecánica das preferentes equiparable á dos clientes que as asinaron para evitarse o perxuicio da sinceridade, nefasta cando se está sendo xuzgado; nós aparentamos comprensión co seu xeito de evitaren mancárense penalmente. Pero hai un fulgor procedente da súa vella soberbia, como a luz das primeiras estrelas que buscan astrónomos, tras a pechadura a confesar. Esa arrogancia foi... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 23 juin 2013

CARTEIS TERRITORIAIS DE ADVERTENCIA

  Ingrid Bergman colle un tren e falece antes de que remate a película. O escritor J. M. Coetzee ficou tan impresionado que constata ese pavor en Infancia (Rinoceronte): «Morre por non ler o cartel de advertencia». Na Suráfrica dos anos 50, cando se desenvolve a infancia de Coetzee, había carteis nos baños públicos que indicaban, sen deixar espazo á confusión, as billas das que poden beber os negros e as acoutadas para os brancos. O apartheid e a teimosía bendita de Mandela resultábame coñecidos dende os telediarios de Rosa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
samedi 22 juin 2013

OS MATICES DAS VARAS

  Cada preferentista desenvolve un xeito de verbalizar a súa desgraza financieira. De contala tantas veces, fanche un resumo asombrosamente estruturado e rozado de matices. O curioso é que lles bloquearon os cartos nun cubil financieiro por ignorar as complexidades económicas e agora son bos coñecedores desas mesmas complexidades. J.M. Coetzee explica en Infancia (Rinoceronte) as diferenzas entre as varas cos que lles atizaban os profesores con riquezas de matices.
Posté par Jaureguizar à 14:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 21 juin 2013

A LONGA NOVELA DA VIDA ALLEA

  Os que escribimos novelas sabemos que o número de exemplares vendidos é proporcional á cantidade de persoas reais que figuren no texto. Canto máis datos identificativos achegues, maior será o éxito. Afonso Eiré, un chantadino sobrado de intuición para concitar o interese, vén de aplicar ese principio na súa obra ‘Infiltrados’. No libro, defende a espectacular teoría de que a evolución do nacionalismo galego estivo condicionada polos servizos secretos españois. Poida que haxa algún personaxe aludido e asemade irritado, pero... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]