Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 juillet 2013

O GATO MEDORENTO DE CHEJOV

frank-horvat-first-fashion-florenz-1951

A compra de produtos e o uso de servizos ocupou o espazo da caza na ansiedade do home moderno e urbano. En Galicia vencimos o resquemor católico respecto ao comercio mesmo nesa nova formulación esquerdista que se opón a mercar. Con todo, a pesar de estarmos xa en tempada, tanto polo clima como polo lecer estival, os consumidores estamos condicionados por reticencias que me lembran o conto de Chejov que cita Bertrand Rusell en Sobre educación (Austral). Un tío do escritor devecía aprenderlle a un gatiño a cazar os molestos ratos dende ben cativo. Meteuno nunha habitación cun roedor, pero, co instinto cegado, nada aconteceu. O tío mallou no micho. Volveu encerralo no cuarto cun rato e case que acaban xogando. O proceso repetiuse durante varios días ata que o mestre cinexético desistiu. O gato medrou con normalidade, agás nunha faciana: en canto detectaba un rato, saía correndo.

Photo: First fashion Florenz (1951) Frank Hovart.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité