Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 juillet 2013

BERTRAND RUSSELL, INFIEL ANTE NOTARIO

GUEPARDOS

Bertrand Russell foi infiel ante notario. Como bo filófosofo, faltábanlle argumentos para xustificar deitarse con mulleres coas que non casara e facelo con máis entusiasmo que coa que estaba casado. Como quería divorciarse da primeira esposa, Alys, houbo de certificar que o matrimonio se lle quedara pequeno. Xa postos a achegar motivos, aproveitou. As probas periciais non as practicaba soamente con quen sería segunda esposa, Dora, senón tamén cunha actriz que pasaba pola súa vida. Bertrand non tivera achegamento cunha persoa dun sexo diferente ata a universidade, polo que se lanzou na busca do tempo perdido. Tras Alys e Dora aínda houbo outras dúas esposas, aínda que a segunda foi a que máis termou do ánimo eléctrico de Rusell. Tiveron dous fillos en común e outros dous coa cooperación necesaria do periodista Griffin Barry. Os tres empezaron a viviren xuntos. Para coidar dos cativos, contrataron unha rapaza que se sumou ao club do amor estenso no que mudara a casa. A situación non durou máis tempo do previsible polos celos, pero deu como froito paralelo unha escola privada, Beacon Hill, que inspirou as teorías pedagóxicas que desenvolveu Russell en Sobre educación (Austral). O ensaísta defendía en 1926 cuestións que pasean pola nosa cotidianeidade: unha ensinanza baseada na intelixencia e no esforzo antes ca na honra imperial británica, exenta de castigos corporais, igualitaria en sexos e reparadora das desilgualdades económicas grazas ás bolsas de estudos. Eses conceptos eran “amorais” daquela. Non pasou un século e, cos cambios que estamos vendo na lexislación educativa, ás veces diría que non vai pasar nunca.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité