Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
9 juillet 2013

O TÍPICO HORROR

Esta paixón de fonteclara que sentiu Luis Bárcenas na aura íntima de Pedro J. Ramírez, reforza a idea de que as cousas que queremos ver como excepcionais porque nos horrorizan non sempre o son. Acordei do que conta Mark Weingarten en La banda que escribía torcido (Libros del K.O.) sobre Michael Herr, o xornalista que aborrece de escribir en Holyday e se adentra no Vietnam asolagado polo napalm norteamericano. Acompaña á Compañía M para contalo na Esquire. Anos antes, John Sack xa pasara de ser delegado da CBS no solpor franquista a denunciar as crónicas sobreactuadas de "os nosos rapaces matan fumanchús mentres mascan chicle e sorrín" con relatos selvaxes na Esquire. Seguindo o seu exemplo, Michael Herr asiste ao asalto a unha aldea. "Queimade, queimade, queimade! Se os charlies están entretidos en reconstruír nos deixarán en paz", berra o coronel co mesmo entusiasmo co que escoita "os últimos cuartetos para corda de Beethoven" (a idea fascinou a Francis Ford Coppola, Herr escribiu os textos da voz en off de Apocaplypse now). A tropa lanza granadas a cegas contra as casoupas. Dentro, podería haber un ou dous francotiradores do Vietcong. Todo estoupa, sobre a palla érguense cortinas laranxas coroadas por volutas de fume negro. Varios soldados deben entrar no rueiro para redactar a body count. Un negro uniformado sae dunha cabana cunha meniña en brazos: "Meu Deus, deron a unha nena!" O cronista opta pola honradez, pero ten un reparo moral que o empuxa a anunciarllo ao coronel. Sei que non é un caso típico, comandante, pero debo facer o meu traballo". "É típico".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité