Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 juillet 2013

O CONVIDADO INSIDIOSO

Citárame a min mesmo para ir camiñar ás oito e quedara cun amigo en almorzarmos ás dez, uns metros retirados na contemplación da tona luminosa da Ría de Ribadeo. Ás oito menos cuarto xa me erguera. A brétema que levaba catro días mollándonos amablemente, coma cando se bota esprai nas prantas, marchou de vez pola Vía Láctea. Deixounos a alegría dun visitante inesperado e asentado na casa. Fernando Suárez Barcia, o alcalde, terá que aparcar a súa intención retranqueira de presentar a vila coma destino turístico escocés a través de TurGalicia. Pero todo racha e cae ao chan porque me ergo ás oito e, mentres tomo o café na miña taza de siluetas de cadáveres e ovnis brillantes de Keith Haring prendo con Os xornalistas utópicos (Xerais), de Manuel Veiga. No libro, Javier Marías visita en Santiago para recoller un premio -o Arcebispo San Clemente?-. O narrador conta que llo describiron coma "un ser insorportábel e pagado de si mesmo, que cría ver en cada un dos seus interlocutores un nacionalista oculto". A novela regala, nun pasaxe que nada ten a ver, unha citas que axuda a completar o perfil do convidado insidioso. Diderot: "O que non se entende, envelena". 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité