Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 juillet 2013

UN XARDÍN DA COMMONWEALTH

O modelo de xardín inglés, menos intervencionista na natureza, gustame ben máis ca o francés. Os galos teñen esa teima xerarquizante das simetrías, as ordes e os volumes. Desconfío de que a filosofía de Descartes deba estenderse ás sebes e roseiras. A concepción francesa chegounos a Ribadeo nos anos 70 cando o alcalde Pancho Maseda encargou civilizar o Campo de San Francisco a Pepe O Portugués. O xardineiro estudara o oficio paterno nunha escola do seu país, algo que terían que andar os anos para que chegase ao noso. Pepe O Portugués organizou tamén os xardíns de moitas casas de indianos de Ribadeo e da Devesa. A última vez que visitei O Souto da Retorta, en Chavín, botei en falta a Pepe O Portugués. O espazo de Chavín foi ordenado con bastante sensatez, pero agora decidiuse respectar a súa evolución natural, seica. A anterior oportunidade na que estivera, por volta de marzo, marchara cunha sensación de desleixo. Culpei a inxente cantidade de choiva, convencéndome de que o Concello tería conta de reparar a desfeita de cara ao turismo estival. Candidez. As herbas estaban aínda máis medradas, os camiños maís alfombrados de follas e a mesma árbore de dúas grande pólas continuaba incomodando o paso no carreiro que chega á Fábrica da Luz. Máis ca modelo inglés, O Souto da Retorta semella seguir as directrices tardocoloniais da Commonwealth.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité