Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 juillet 2013

CLAXONAZOS POR CALVO-SOTELO

O caserón que se mandou facer Leopoldo Calvo-Sotelo sobre a Ría de Ribadeo está asomado ao muelle ribadense de Porcillán. Ao pé da construción hai unha curva cumprida transitada día e noite. A virada é tan radical e estreita, que se estableceu a prudencia de dar buguinazos de advertencia. O son reiterado e estridente dos claxons debía de ser molesto, polo que o presidente do goberno español emitiu un decreto local pola súa conta para prohibir a advertencia sonora. Encargou colgar un cartel prohibindo tocar o claxon. O xesto tomouse por soberbio e, aínda coa estrada unha alancada máis ancha, os ribadenses pitaron longa e voluminosamente na curva durante moitos anos. A forza coa que se premía na buguina dependía de se o político estaba na casa ou non. Para sabelo, abondaba con mirar se había unha patrulla da Garda Civil vixilando a entrada principal. Agora ninguén mete buginazos. A morte require o seu respecto.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité