Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 juillet 2013

UÑAS DE TERRA, UÑAS DE XIZ

Na casa hai xeracións que ninguén labra nin sementa, ocupados todos os meus antergos en oficios máis propios do burgo. Malia todo, crieime no medio do campo, pero a herba ao pé da miña casa era a herba de San Mamés, a mesma que pisaban Iribar e Amorrortu; non unha herba na que houbesen de pastar vacas ou ovellas. Os pais dun par de amigos eran labregos, pero aqueles señores de uñas terradas movíanse en ámbitos que nos eran estranos aos fillos dos profesores, que tiñan uñas de xiz. Ás veces, empuxado pola conciencia amarga, fago por informarme sobre as cabazas e a lúa, sobre as terras arxilosas e todos eses asuntos que dende vello teño por materia reservada de O mintireiro verdadeiro. Nicolás Asensio comezou esa viaxe de volta hai ben anos. Onte levoume a súa horta de Ribadeo, perto do único lenzo que se conserva da muralla. Perennemente xeneroso, agasalloume con leitugas, cebolas, ourago, romero e menta; unha menta que recendía a menta para a miña sorpresa, porque nós chamabamos menta a unha planta lanzal de follas grosas verdes claras que arrepañabamos para fregar os brazos e máis as pernas cando nos picaban as ortigas que beiraban os cómaros do noso San Mamés. Seica era amenta, que soa parecido, pero é outra planta.

 

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité