Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 juillet 2013

UN PISTOLEIRO SERBIO

O reloxo é este mesmo Omega suízo que levo posto. O meu pai adoitaba levalo coa esfera cara ao interior do pulso, coma tres personaxes de O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes, que se identifican dese xeito. O amigo do meu irmán Mikel Miguel Rubiños tatuouse tres nomes nas caras internas dos brazos: “As tatuaxes son para min, para velas eu”. O meu pai reservaba o seu tempo de ocio para si e coidou de gozalo en innumerables ocupacións. A infelicidade nace da incapacidade de gobernar o propio tempo. Erri di Luca escribiu nalgures (eu tíroo de Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga) que hai acontecementos que aceleran o tempo. Sucedeu o pasado mércores en Angrois. Nestes días a desesperanza acelerou o tempo. A maiores, empuxou violentamente o tempo discreto das vítimas a un panorama público. Elas, nin as que salvaron, decidiron nin deciden sobre el. Agora que todo empeza a acougar, que o tempo vai refreándose despaciosamente, volvo á novela de Julian Barnes, que leo en tradución (impecable, como agardaba, de Xesús Fraga). Na obra, un profesor de Historia trata de que os seus alumnos recapaciten sobre o convencimento xeralizado de que as causas da Primeira Guerra Mundial poden constrinxirse á acción dun pistoleiro serbio. A seguridade de douscentos viaxeiros non pode depositarse sobre a responsabilidade, a atención ao seu traballo ou as eventulidades da saúde dunha única persoa, menos nesta época de automatismos. "Queremos culpar a un individuo para que todos os demais queden absoltos", apunta o personaxe de Barnes.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité