Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 juillet 2013

SOMOS SERES HISTÓRICOS

w25_10419015

 

Xabier Cordal deixou unha desas pingas reflexivas coas que me abraia. Anxo Quintela recuperaba unha entrevista que lle fixera o ano pasado para Diario Cultural. "Somos seres históricos", apuntou Cordal nun intre que pasou coma un peón na Rúa da Raíña nutrida de xente co sol brillando sobre o mediodía. Somos seres históricos. Daquela, a Radio Galega quedou axordecida polo balbordo mecánico do lavaixelas que viña de programar eu na cociña de Ribadeo. Ignoro se se explicou mellor ou se Anxo llo requeriu porque a función da entrevista non era precisamente desenvolver a visión do poeta sobre Heidegger. Quedei coa frase. Como seres vivos que somos transitamos un tempo, pero logo desbotei o existencialismo para interpretar a frase porque Xavier sempre foi máis propenso a alentar a acción colectiva que á procura metafísica. "Somos seres históricos", repetín para min mesmo tan poderosa frase colocándoa no primeiro plano dunha paisaxe política, tan querida do seu autor. Daquela, podería relacionarse co canto "a nosa Historia facémola nós" que era sintonía do Diario Cultural. Xabier Cordal presentaba con esa afirmación unha das súas enmendas á totalidade da situación nacional. Eu son moito máis pesimista ca Xabier a respecto das posibilidades dos galegos para involucrarnos xuntos nun proxecto amplo e a longo prazo (Angrois é unha reacción tan loable como instintiva, máis humana ca étnica, por moito que Madrid veña de descubrir unha enzima moral na nosa estrutura molecular). Secundo a opinión de Julian Barnes (O sentido dun final, Rinoceronte) de negar que "a Historia se faga coas mentiras dos vencedores"; porén, "faise coas lembranzas dos supervivintes, a maioría dos cales non son nin vencedores nin vencidos". Somos seres históricos, pero cunha capacidade limitada ás nosas escasas forzas e ao noso tempo de vida.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité