mercredi 31 juillet 2013
CENTOLAS FERVENDO NO RUEDO

mardi 30 juillet 2013
SOMOS SERES HISTÓRICOS

lundi 29 juillet 2013
UN PISTOLEIRO SERBIO
O reloxo é este mesmo Omega suízo que levo posto. O meu pai adoitaba levalo coa esfera cara ao interior do pulso, coma tres personaxes de O sentido dun final (Rinoceronte) de Julian Barnes, que se identifican dese xeito. O amigo do meu irmán Mikel Miguel Rubiños tatuouse tres nomes nas caras internas dos brazos: “As tatuaxes son para min, para velas eu”. O meu pai reservaba o seu tempo de ocio para si e coidou de gozalo en innumerables ocupacións. A infelicidade nace da incapacidade de gobernar o propio tempo. Erri di Luca escribiu... [Lire la suite]
dimanche 28 juillet 2013
ENLEADO NA MEDA
Ao cabo deixeime enlear por Vicentín de Cubelas para facer unha meda na festa da malla das Anzas, en Ribadeo. Xoguei centos de veces nas medas que amoreaba a familia de Primitiva no Prado dos Grilos, enfronte da casa; choutara e me deitara nas pallas asentadas, pero nunca axudara a asentalas. As formas arquitectónicas máis complexas ás que dera xeito foi a cabanas no meu barrio, O Xardín, de Ribadeo, e a castelos de area na Rapadoira de Foz. Logo de animarme a colaborar na meda das Anzas, Vicentín resumiume a filosofía construtiva da... [Lire la suite]
samedi 27 juillet 2013
A COSTELA DE ANÍBAL MALVAR
Aníbal Malvar desaparecía ás veces. A súa intensa e coidada vida nocturna daba paso a un silencio enigmático sen que un proceso de transición nos dese indicios aos amigos. Nos supermercados do barrio comentaban que mercara ducias de paquetes de espaguetis e de café, e unha vintena de botellas de wishkey dunha marca que nunca lembrabamos. O ruxe ruxe que corría polos bares e demais lugares nos que a xente se reúne sen luz natural era que Aníbal se pechara na casa con catro cerrollos para escribir. Transcorrido un mes de ostracismo,... [Lire la suite]
vendredi 26 juillet 2013
UN DODGE NEGRO
Eu ben preferiría que, no canto de leres este texto, leses Os xornalistas utópicos, a novelonga de Manuel Veiga para Edicións Xerais; pero acepto que cada quen xestiona as súas lecturas. O protagonista fala dun seu amigo, o militante nacionalista O Xocas -aparece tamén en Infiltrados de Afonso Eiré?-, que lle pide que se convirta en seu guía polo Museo do Exército de Madrid para ver o Dodge Dart no que se trasladaba o almirantísimo Carrero Blanco cando ETA rebentou a rúa de Claudio Coello ao seu paso. O narrador administra a anécdota... [Lire la suite]
jeudi 25 juillet 2013
CATRO COELLOS OU DOUS
As oito da mañá ningunha paisaxe semella humana. A sensación vese remarcada nos espazos rurais transformados polo home: leiras, praderías, chousas, corredoiras... Esta mañanciña sentínme extravagante nos campos de Piñeira, onde a rasa de Ribadeo descende vagarosamente cara ao mar. Hai un camiño concreto e breve, uns trescentos metros delimitados por pistas asfaltadas, no que levo días atopando un grupo de coellos confiados. Antonte eran catro; hoxe, dous. O carreiro está un pouco combado na parte central, onde o sol nace cun brillo de... [Lire la suite]
mercredi 24 juillet 2013
A DEREITA APOLÍTICA
Carla Bruni asegura non ser coma o seu home, "nin de esquerdas nin de dereitas". Como acontecería se llo lese ao seu home, non lle vou negar a segunda parte da afirmación. Probablemente, a cantante careza de capacidade de discernimento político a maiores de mercar rimel francés no canto alentar as súas pestanas co fabricado noutro país, pero debería ter presente ese xeito tan orfamente sutil no que as Brigate Rosse pretendían aprenderlle a lección sobre a biodiversidade ideolóxica e o depredamento animal que lle impartiron a Aldo... [Lire la suite]
mardi 23 juillet 2013
UÑAS DE TERRA, UÑAS DE XIZ
Na casa hai xeracións que ninguén labra nin sementa, ocupados todos os meus antergos en oficios máis propios do burgo. Malia todo, crieime no medio do campo, pero a herba ao pé da miña casa era a herba de San Mamés, a mesma que pisaban Iribar e Amorrortu; non unha herba na que houbesen de pastar vacas ou ovellas. Os pais dun par de amigos eran labregos, pero aqueles señores de uñas terradas movíanse en ámbitos que nos eran estranos aos fillos dos profesores, que tiñan uñas de xiz. Ás veces, empuxado pola conciencia amarga, fago por... [Lire la suite]
lundi 22 juillet 2013
O BAR DO RITZ, LIBERADO
Kjell Adskildsen asegura que "todos temos algún incendio no pasado". O escritor noruegués ten un libro desacougante publicado por Lengua de Trapo, pero tiro a cita de Os xornalistas utópicos (Xerais), de Manuel Veiga, unha novela que desestabiliza en igual medida. O periodista monfortino traza unha ficción paralela ao seu pasado como estudante no Madrid no que coñeceu a traballosa mutación da ditadura nunha democracia e, posteriormente, como director dun xornal vigués. O seu personaxe axeixa con escepticismo ás elites comunistas “que... [Lire la suite]