Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 juillet 2013

COMA UN MADRILEÑO CALQUERA

"Tu stai al mondo perchè c'è posto", responde Don Sebastiano á muller na novela Il giorno del giudizio de Salvatore Satta. Lembrei a frase, que coñezo a través de George Steiner en The New Yorker (Xerais), cando a miña muller teimou en irmos á praia das...
Publicité
Publicité
20 juillet 2013

O NOTARIO QUE DESPREZABA OS RELOXOS

Manuel Veiga reflexiona en Os xornalistas utópicos (Xerais, novela que recomendo intensamente) que, cando somos nenos, "o tempo é algo relacionado co xogo e coas regularidades paternais". Gaddafi, o gato que botou 19 anos na casa, morreu o xoves. Aínda...
19 juillet 2013

CLAXONAZOS POR CALVO-SOTELO

O caserón que se mandou facer Leopoldo Calvo-Sotelo sobre a Ría de Ribadeo está asomado ao muelle ribadense de Porcillán. Ao pé da construción hai unha curva cumprida transitada día e noite. A virada é tan radical e estreita, que se estableceu a prudencia...
18 juillet 2013

PALLÍN NO 18 DE XULLO

A última vez que me cadrou con Pallín foi hai un mes na sucursal de Novacaixagalicia nunha avenida de Lugo que aínda honra un falanxista, Ramón Ferreiro. Pallín entrou no banco e eu saudeino discretamente; non coma antes, que erguía o brazo teso e lle...
17 juillet 2013

UN XARDÍN DA COMMONWEALTH

O modelo de xardín inglés, menos intervencionista na natureza, gustame ben máis ca o francés. Os galos teñen esa teima xerarquizante das simetrías, as ordes e os volumes. Desconfío de que a filosofía de Descartes deba estenderse ás sebes e roseiras. A...
Publicité
Publicité
16 juillet 2013

AS REVOLUCIÓNS QUE NON SERÁN TELEVISADAS

Dous canadianos chegan á casa de Ribadeo de visita. A miña cuñada Laura failles ás veces de anfitrioa porque ficaron en Europa, na Coruña, entre congreso en Bretaña e seminario en Oslo. O máis alto, demasiado alto, é de orixe exipcia. Unicamente as botas...
15 juillet 2013

BOTÓN DE ANCLA

Todo o que eu pretendía saber sobre o mar aprendéronmo Joseph Conrad e José Luis Enríquez Castro. O segundo foi un capitán da mercante pai dun amigo ribadense. En trinta anos de relación soamente aceptou falarme do mar nunha tarde de verán. Sentín a vertixe...
14 juillet 2013

O CONVIDADO INSIDIOSO

Citárame a min mesmo para ir camiñar ás oito e quedara cun amigo en almorzarmos ás dez, uns metros retirados na contemplación da tona luminosa da Ría de Ribadeo. Ás oito menos cuarto xa me erguera. A brétema que levaba catro días mollándonos amablemente,...
13 juillet 2013

O CHISTE DE REAGAN

Alonso Montero explicitaba o seu comunismo ao ser elexido presidente da Real Academia Galega. Máis que de costume. Non se facía novidade porque o antecesor, Ferrín, tamén é marxista; aínda non sentiu a obriga de xustificarse. Alonso Montero segue o modelo...
12 juillet 2013

CAMINO SORIA

Mariano Rajoy despreza os tópicos rexionais. Nomeou ministra de Traballo unha andaluza e ministro de Industria un canario. Nos tempos nos que o pánico era de marca Parabellum, o responsable de Interior era vasco. Seica a encarga desta volta dese ministerio...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité