Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 août 2013

GOOD SAVE URDANGARÍN

josefkoudelka (1)

Un camareiro veterano de hotel de Praga exhibe diante dun aprendiz unha asombrosa capacidade para adiviñar a prodecencia e oficio dos clientes e, como consecuencia, a selección que van facer na carta do restaurante. A explicación que lle adxunta a esa destreza é: "Eu servín ao Rei de Inglaterra" (Acontece na novela titulada con esa frase de Bohumil Hrabal publicada en Rinoceronte). A monarquía existe pola destreza de presentarse por riba dos cidadáns como unha elite agrazada con máis virtudes éticas sociais. Durante tres décadas, esas virtudes non foron investigadas porque había un temor, lóxico, a que a caste militar (atesourante do seu propio catálogo de virtudes) recorrese a esa excusa para deitar a democracia. Unha vez que os exércitos poden amosar a súa insospeitada utilidade con misións en países pobres e combatentes, ese medo esluiuse. Canda el marchou a necesidade de preservar o equilibrio institucional mantendo á Casa Real nunha caixa opaca elevada uns metros sobre as cabezas da colectividade. O pulo de Urdangarín por "comer y después follar" cunha muller diferente á aquela coa que se comprometeu en pacto regio e xurídico nada ten de excepcional, polo que non me explico que o xuíz permita que se publiquen correos que expresan ese devezo. Porén, comprendo a avidez coa que os lectores argallaron neles. Precisaban de saber que os membros da Familia Real son normais e, algúns, mesmo vulgares.

Photo: Josef Koudelka

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité