
As tres horas das que dispuña para volver ao xornal ao mediodía estaban medidas ao minuto: comprar un boliño de pan, cociñar arroz con xato, xantar lendo o periódico, botar unha soneca e, se cadraba, avanzar na lectura de Pietr El Letón (Acantilado) de George Simenon. Ao cabo, soamente tiven tempo á segunda (mentres, folleei o xornal) e á terceira. No canto de dirixirme ao meu Gadis, o de Ramón Ferreiro, avancei un cento de metros máis empuxado polo inadiable devezo de coller na Biblioteca Nodal Verdes colinas de África...
[Lire la suite]