
Eu camiñaba sobre a area das Illas cando vin achergarse un home lanzal facendo esas parvadas que facemos sen arroibarnos a partires dos 45: erguía unha perna recta para tocala coa punta dos dedos da man contraria e repetía o movemento coa perna esquerda. Pensei nun bailarín de ballet que non acabara de triunfar ata o nivel profesional preciso para que El País o vestise de traxe de baño para a súa depauperada revista dominical. Danzaba a xeito ximnástico, como fan os vascos. Arrastraba un trío anódino: unha muller de físico anódino e...
[Lire la suite]