Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 août 2013

NACHO É GUAPO DE SEMPRE

dance hall

Eu camiñaba sobre a area das Illas cando vin achergarse un home lanzal facendo esas parvadas que facemos sen arroibarnos a partires dos 45: erguía unha perna recta para tocala coa punta dos dedos da man contraria e repetía o movemento coa perna esquerda. Pensei nun bailarín de ballet que non acabara de triunfar ata o nivel profesional preciso para que El País o vestise de traxe de baño para a súa depauperada revista dominical. Danzaba a xeito ximnástico, como fan os vascos. Arrastraba un trío anódino: unha muller de físico anódino e dous pícaros, neno e nena, tan belos coma o pai e tan anódinos coma a nai. Ao pasar ao noso pé, recoñecín nel a un rapaz cun chambergo de ante e as mesmas guedellas que aínda despeita sobre a fronte. Non dei arrincada outra lembranza del, pero entendo que no verán alixeiraría a roupa. Nacho foi guapo de sempre, aínda que nunca reparara. Cando ambos os dous eramos novos, eu andaba ao outro sexo, ao sexo. Agora, acalmado polos anos e pai dun pequeno varón, dei en incorporar ao meu gusto pola beleza humana como categoría xeral, a masculina. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité