Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 août 2013

ELIXE AS TÚAS ARMAS

royal wedding

O acceso á praia das Illas, en Ribadeo, efectúase atravesando aberturas en dous muros defensivos paralelos. Son serras de dous metros de altura e catro de ancho que se estenden lonxitudinalmente ata o o comezo dos acantilados. Os castrexos armaban os seus poboados dando as costas ao mar e cubríndose con escudos de terra, madeiras e pedras en formas curvas tendentes ao círculo. Cando paso entre eses portentosos valados recreo o medo que acompañaba continuamente a aquelas persoas; sempre en axeixo, continuamente armadas. Unha das grandes conquistas ás que accedemos ao agrupáronos en burgos foi ceder a nosa capacidade para xerar violencia a un colectivo de persoas uniformadas e preparada para a defensa do común. As armas pasaron daquela de ter unha función acougadora en tanto seren medios eficaces para rexeitar un ataque a remudaren en instrumentos para o ocio, como é o caso dos cazadores ou dos coleccionistas. Todos nós anulamos o instinto natural de protexermos con armas por consideralo sobrante. Nunca poderíamos sospeitar que un centro social, onde conviven seres presumiblemente tan pacíficos como vellos e nenos, podería padecer un agromo de violencia. Menos que un traballador acudía alí cunha arma. Seica a trastocara polo mesmo motivo polo que os rapaces alteran os tubos de escape: para facer ruído diante dos amigos. Certo que non léramos a advertencia no Facebook: "Nesta casa hai motos, mulleres e pistolas. Non toques ás primeiras, respecta ás segundas e non probarás ás terceiras".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité