
Unha tenda de comestibles romaneses abriu en Ribadeo. Esta tarde estaba comentando no xornal o trasvase dende o meu entusiasmo por probar comida orixinal do país á decepción pola gama de produtos que atopei, na maioría envasados cunha presenza pouco apetecible. Unha compañeira, que viaxou varias veces a Romanía, retrucoume, incomodada, que a súa gastronomía era máis sofisticada ca galega e reprochoume que non coñecía aquela sociedade. Toda a razón. Os romaneses aos que coñezo son os miserables, os que houberon de marchar para...
[Lire la suite]