Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 août 2013

PAPEL DE CALCO

 

rue des rosiers

 

Antes de apoiar os mapas mudos sobre as ventás do inverno infantil, na Casa do Gato, había que fregalas cunha balleta e, despois cun trapo seco. Superpoñíaselle o papel de calco para raiar nel segundo as marcas do plano. Eses exercicios escolares de Xeografía regresan agora que estou lendo de Simenon, cunha rapaza xudea e mísera tratando de sobrepoñerse á pobreza cun suplantamento de personalidade, falseado como o calco, que desenvurallará Maigret, e coa exposición fotográfica Rue des Rosiers de Alècio de Andrade. A novela de George Simenon Pietr El Letón transcorre por volta de 1930; as imaxes de De Andrade son da Pascua dos anos 70. O espazo é o mesmo, o Pletzl (praciña) xudeo no barrio parisino do Le Marais, onde viviron os xudeos ata seren expulsados en 1394 e onde regresaron no XVIII para vivir ata que os nazis llelo impediron. Agora, a minoría que aveciña maioritariamente en Le Marais é a homosexual. Andados os anos, os mapas de Europa deixaron de agocharse papel de calco.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité